Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas viaxes a Benidorm deixa 30 positivos por covid na provincia de Ourense

Dúas viaxes a Benidorm deixa 30 positivos por covid na provincia de Ourense

Os dous gromos fan ascender un día máis os casos activos da área sanitaria de Ourense

G24.gal 04/11/2021 14:53

Teresa Gómez, da asociación de pensionistas Fonval, organizou a viaxe a Benidorm dende Barbadás. Foron gozar dunhas vacacións de dez días, foi ao chegar á casa cando unha das excursionistas deu positivo.

O Sergas fixo entón un cribado aos 45 viaxeiros mais o chofer, dez están contaxiados. O outro gromo orixinouse tamén en Benidorm pero noutra excursión de 33 xubilados que partiron da comarca do Carballiño. 20 persoas relacionadas con este foco, están contaxiadas coa covid-19.

Estes dous gromos suman 30 contaxios e fan ascender un día máis os casos activos da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, con 138 hoxe. O feito de que o 95 por cento estea vacinado fai que o virus se espalle máis lentamente.

Por iso dende Sanidade insisten na necesidade de non baixar a garda e manter as medidas preventivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade