Día de Todos os Santos, día de visita aos cemiterios
Burela dedica a súa tradicional ofrenda floral aos falecidos no mar
Os panteóns cubertos de flores locen máis que ningún día do ano
Un cemiterio de Paradela, o único con todas as súas lápidas en galego
Desde a mañá cedo, son moitas as persoas que se achegan aos cemiterios neste día de Todos os Santos. "Hai 30 anos que visito todos os anos a tumba. Tiña nove anos e era un fillo, e iso non se esquece", di un home moi emocionado.
"É un día especial estar aquí porque hai que recordar a quen nos criou. É moi importante. Haberá xente que non se decate. Temos mulleres, fillos, pero nai e pai hai uns sós. Están aquí, descansando", explica outro home no cemiterio de Iria Flavia, en Padrón, onde estivo soterrada Rosalía de Castro e onde está Camilo José Cela.

"De todos os arredores, este é o cemiterio máis bonito. Loce todo moito", explican.
Aquí presumen de camposanto bonito en calquera época do ano. Quizais porque non esquecen que foi sé episcopal antes de que se trasladase o bispado a Compostela. Pero hoxe loce aínda máis, con todos os panteóns cubertos de flores: "Este cemiterio ten moita xente a diario, cambiou moitísimo, antes víñase de ano en ano pero agora é unha marabilla vir aquí e encontralo sempre moi ben preparadiño".