Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cun 18 % de menores de 16 anos, o concello de Ames ten unha das poboacións máis novas de Galicia

Cun 18 % de menores de 16 anos, o concello de Ames ten unha das poboacións máis novas de Galicia

Parellas mozas con nenos pequenos prefiren a área metropolitana para vivir

Marta González Salve 29/05/2022 14:34 Última actualización 29/05/2022 21:27

Entre os 30 e os 45 anos. Esta é a media de idade en Ortoño, unha das parroquias do concello coruñés de Ames, considerada unha das áreas máis mozas de Galicia. 

"É un concello cunha taxa demográfica de rapaces e rapazas moi alta"

Familias mozas con fillos pequenos que rachan as estatísticas doutros concellos nos que a poboación de máis de 65 anos é a maioritaria. De feito, o concello de Ames e o de Salceda de Caselas son os dous que teñen máis poboación por debaixo dos 16 anos que xubilados.

"Convivimos familias moi mozas e hai moitos nenos sempre polas rúas, saen a xogar" 

Xuventude que busca nas áreas metropolitanas e no rural o acceso a unha vivenda sen renunciar á calidade de vida. Atopan prezos máis económicos en zonas ben comunicadas e con servizos.

Razóns polas que os lugares residenciais da periferia, como O Pereiro de Aguiar en Ourense ou o barrio de Navia en Vigo, concentran maioritariamente poboación cuxa idade media está por baixo dos 35 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade