Cargando resultados...
Cúmprese o 20 aniversario dunha das grandes fazañas do Deportivo
O Centenariazo co título de Copa no Bernabeu continúa na memoria do deportivismo
G24.gal
06/03/2022 12:36
Tal día como hoxe hai 20 anos o Deportivo bailou merengue no Bernabéu. Non era un día calquera, claro. Cen anos cumpría o club máis laureado da historia. Todo estaba preparado para un título máis para un Real Madrid cheo de galácticos. Pero enfronte estaba un gran equipo con grandes futbolistas.
Dous a un nun partidazo. Sorpresa, pero non tanto repasando a nómina de peloteiros do Deportivo. O centenariazo cambiou todos os protocolos.
Para máis lembranzas, escoiten a este rapaz esta noite no En Xogo. Vinte anos non son nada, alomenos para Dani Mallo. Parabéns para él o o deportivismo por este aniversario.