Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fanse 25 anos do terremoto de 5,1 que se orixinou na montaña de Lugo

Fanse 25 anos do terremoto de 5,1 que se orixinou na montaña de Lugo

O tremor foi seguido por catrocentas réplicas nos días seguintes

Foi o de maior intensidade en Galicia desde que hai rexistros

G24.gal 24/05/2022 20:59

Medo é a palabra que todos empregan para referirse ao terremoto que fixo tremer Becerreá hai 25 anos.

A TVG recuperou algunhas imaxes daqueles días. O tremor de terra, de 5,1, orixinouse na Montaña de Lugo, no lugar que logo se coñecería como o triángulo sísmico formado por Triacastela, Sarria e Becerreá. Nesta última vila deixou cascotes na rúa e fendas en moitos edificios.

Moitos veciños deixaron as casas e preferiron pasar as noites ao raso, durmindo no coche, porque as réplicas seguiron varios días. 

Hai 25 anos foi o tremor máis intenso en Galicia desde que hai rexistro. Desde aquela houbo moitos máis, pero o susto do primeiro é difícil de esquecer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade