Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fai 15 anos do asasinato de Marta del Castillo e o corpo segue desaparecido

Fai 15 anos do asasinato de Marta del Castillo e o corpo segue desaparecido

A familia concentrouse ás portas da Audiencia da capital andaluza para pedir que se siga investigando

O teléfono de Miguel Carcaño foi clonado e rexistra seis localizacións distintas

G24.gal 24/01/2024 14:05

Fai 15 anos do asasinato da moza sevillana Marta del Castillo e o seu corpo aínda non puido ser localizado. A familia convocou esta mañá unha concentración ás portas da Audiencia da capital andaluza para pedir que se siga investigando.

“Que apareza o corpo de Marta, que é o máis importante para nós. Os xuízos e demais deixámolos á parte. Pedimos a quen saiba onde está o corpo de Marta que nolo comunique como eles pensen que é mellor”, asegura José Antonio Villanueva, avó de Marta del Castillo.

O 24 de xaneiro de 2009, cando foi asasinada por Miguel Carcaño, o que fora seu mozo, Marta del Castillo tiña 17 anos. Quince anos despois, Carcaño cumpre a pena de 21 anos de prisión á que foi condenado polo crime e o corpo da moza sevillana segue sen aparecer.

Todas as buscas efectuadas nestes 15 anos resultaron infrutuosas, en boa medida polas distintas versións ofrecidas por Miguel Carcaño sobre o ocorrido o día do crime.

A última esperanza dos pais de Marta del Castillo é o informe cos datos de posición recollidos no teléfono de Carcaño, que foi clonado por unha empresa especializada e sobre os que agora traballa a policía. Son seis posicións distintas do móbil do asasino confeso e a súa tarxeta, aínda que non se pode precisar a data e a hora en que se rexistraron esas localizacións.

Amais de Carcaño, polo crime foi condenado como encubridor o seu amigo Francisco Javier García, alcumado o Cuco, a tres anos de internamento pechado nun centro de menores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar