Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cristofer González, fillo dun tripulante do Villa de Pitanxo: "Non sabemos nada da armadora, non dan a cara"

Cristofer González, fillo dun tripulante do Villa de Pitanxo: "Non sabemos nada da armadora, non dan a cara"

Cristofer remarcou que el aínda non sabe se o seu pai está entre os desaparecidos ou entre os falecidos

G24.gal 18/02/2022 09:56

As familias dos tripulantes do Villa de Pitanxo están indignadas coa suspensión da busca. Non entenden a postura do Canadá, pero tampouco a de España. Cristofer González é o fillo dun dos mariñeiros e foi entrevistado polo informativo Bos días. Destacou que pasan os días e seguen sen información, que pasaron de estar tristes a estar enfadados.

Sobre se están a recibir información por parte da armadora, Cristofer manifestou que tiñan que estar dando a cara e que non saben nada deles. Afirmou que o resto dos familiares tampouco teñen información, e iso fainos desconfiar.

Cristofer remarcou que el aínda non sabe se o seu pai está entre os desaparecidos ou entre os falecidos. Queixouse unha vez máis de que non teñen ningunha información oficial e dixo que o Goberno ten que tomar medidas para que se continúe coa busca. 

Dixo que a última conexión que había no móbil do seu pai foi ás catro da madrugada, que estaba no camarote e que non podía durmir polo forte temporal que había. Cristofer destacou que nunca lle escoitara dicir ou demostrar que tiña medo por algo, pero que ese día estaba "moi asustado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade