Cristóbal Parralo: "Non perder na casa, se queremos conseguir cousas, é primordial"
O adestrador do Rácing comentou a necesidade de "facer sentir orgullosos" aos seareiros
Quedou coas cousas positivas do partido ante o Burgos
O Rácing buscará mañá a primeira vitoria do ano na Malata. Será diante do Levante, que acumula catro xornadas sen gañar. Cristóbal ten, por primeira vez na temporada, a posibilidade de facer un descarte, porque xa recuperou aos mancados Señé e Nico Serrano, e só perde, por molestias, a Vadillo.
O técnico avisa da dureza do partido, prioriza non encaixar gol, e analiza a derrota da última xornada en Burgos, onde non viu tan mal ao seu equipo.
"Non foi unha falta de atitude, cometemos erros que nos costaron caros"
Non cree que sexa necesario facer un chamamento a afección.
"Cada vez máis xente unida ao Rácing con sentido de pertenza"