Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cristóbal: "Non somos ninguén para tentar frear a euforia que hai e os soños da xente"

Cristóbal: "Non somos ninguén para tentar frear a euforia que hai e os soños da xente"

O Rácing remata o ano a só dous puntos do Leganés, líder da categoría

G24.gal 22/12/2023 11:21 Última actualización 22/12/2023 11:28

Cristóbal Parralo, que durante o partido tivo un pequeno incidente con Kenedy, quen o empuxou e tirouno ao chan ao ir buscar un balón que saíra fóra de banda, mostrouse orgulloso polo traballo do seu equipo:

"No primeiro tempo tivemos o balón, tamén o roubamos en varias ocasións, o que nos permitiu facer rápidas transicións e así xeramos bastante perigo. No segundo tempo custounos máis ter o balón e tocounos poñernos o mono de traballo, defender e ser solidarios para manter o gol a favor que tiñamos. Algunha transición tamén fixemos, aínda que menos claras que na primeira parte".

O técnico do Racing tamén falou do piscinazo dun xogador de Valladolid e que o VAR evitase que o Racing fose castigado cun penalti inxusto:

"Non me gusta falar dos árbitros, é unha xogada que eles analizaron e viron que non era penalti. Non me gusta xulgar, falar dos árbitros, non o fixen nunca".

Sobre os 37 puntos conseguidos polo equipo na primeira volta da competición de liga.

"Nós non somos ninguén para tentar frear esa euforia que hai e os soños que ten a xente. Moi contento por eses 37 puntos que nos achegan ao obxectivo da permanencia e agora hai que seguir. Pasar unhas boas vacacións de Nadal e o día 29, cando regresaremos aos adestramentos, volveremos traballar duro para o que nos vén por diante. Eu vin moitas cousas no fútbol e se o que custa. Na segunda volta empeza outra liga".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade