Cristóbal mantén os pés no chan: "Hai que ser ambiciosos, pero estamos na xornada cinco"
Cristóbal mantén os pés no chan: "Hai que ser ambiciosos, pero estamos na xornada cinco"
O Rácing visita o campo do pechacancelas, un Éibar que partía como favorito para o ascenso
As primeiras xornadas do campionato sempre deparan sorpresas. A positiva está a ser o Rácing. Un dos tres equipos da categoría que aínda non perdeu ningún partido. Con dúas vitorias e tres empates, os de Cristóbal Parralo están nunha situación de privilexio.
Pola contra, a meirande decepción é o Éibar. Partía como candidato ao ascenso pero só foi quen de sumar un punto dos primeiros quince e ocupa a última posición da táboa.
O adestrador ferrolán quere manter os pés no chan e, para nada se fía do seu rival.
"O ano pasado xogaron play off de ascenso, é anecdótico que estean nese posto"
"Comezamos ben pero só levamos cinco xornadas. Hai que ser ambiciosos e seguir sumando"