Cristóbal: "Hai esa incerteza que se vive antes do partido. Temos que estar tranquilos"
Se gaña o Racing e perde o Alcorcón, o ascenso estará confirmado
Fin de semana para soñar co ascenso do Racing de Ferrol. Con Cristóbal e os seus xogadores estarán mais de 500 afeccionados en Talavera. Se gaña e perde o Alcorcón, o ascenso estará confirmado.Se gaña e empata o Alcorcón, o ascenso será virtual. Se Racing e Alcorcón alcanzan un resultado idéntico o Racing aínda terá a ultima xornada na casa co Celta B para volver ao futbol profesional.
Cristóbal está confiado. Ve o equipo coas sensacións da segunda volta e confía en que teña personalidade en Talavera.
"Temos que ser nós mesmos, estar concentrados, ser competitivos e ver que tipo de partido temos".
Cristóbal falou tamén da posible ansiedade dos xogadores:
"A xente ten ganas de que chegue o partido. Esa incerteza que se vive antes do partido... pois que acabe, non? Ver ese final. Hai que estar tranquilos".