Courtois salva a Bélxica ante Canadá (1-0)
O porteiro do Real Madrid detívolle un penalti a Alphonso Davies
Batshuayi marcou o único gol dun partido gris dos belgas

Bélxica comezou con triunfo ante Canadá (1-0),l pero terá moito que reflexionar se quere estar ao nivel de hai catro anos en Rusia. Os canadenses déronlle un baño de fútbol, sobre todo no primeiro tempo, e mereceron moito máis. Os belgas contan cunha arma ben coñecida na Liga. Baixo paus atópase Thibaut Courtois, e cando os seus compañeiros non están finos saben que teñen moitas posibilidades de manter a porta a cero co mellor porteiro do mundo poñendo o caravillón.
¡Por algo es el mejor portero del mundo! 🏅
— Gol Mundial (@Gol) November 23, 2022
🧤 @thibautcourtois detiene el penalti a Alfonso Davies
✈️ Contenido patrocinado por @emirates #flybetter#GolMundial pic.twitter.com/m8K0KyIY8N
Canadá gozou dun penalti que fallou a súa estrela Alfonso Davies. Non perdoou Batshuayi na última xogada do primeiro tempo coa que os "Diaños Vermellos" lograron tres puntos de ouro.
🇧🇪 ¡Michy 𝑪𝒂𝒛𝒂𝒈𝒐𝒍𝒆𝒔 Batshuayi!
— Gol Mundial (@Gol) November 23, 2022
⚡️ Gran pase en largo de Alderweireld y Batshuayi fusila con la zurda para adelantar a Bélgica#GolMundial pic.twitter.com/LUc8uyLwxj
Na segunda parte, o espectáculo futbolístico baixou moito. Mellor dito, Bélxica mantívose na súa liña decepcionante, con xogadores como Hazard moi lonxe do seu mellor momento. Canadá non puido manter o ton físico do primeiro tempo e xa non xerou tantas oportunidades.