Publicador de contidos

O Celta busca sorprender ao Barcelona en Balaídos

O Celta busca sorprender ao Barcelona en Balaídos

Santi Mina entrou na convocatoria

Coudet pediu ovacionar a Aspas no minuto 10

G24.gal 05/11/2021 14:41

Con dous puntos por riba do descenso, con 5 derrotas en 6 partidos na casa, Coudet ten un plan. É un plan que fala de cariño, que conta coa afección e que busca reactivar a arma máis poderosa do Celta, o príncipe das Bateas, Iago Aspas.

Porque Coudet sabe que hai un problema co gol e que Aspas é o factor diferencial.  

 

 

Máis cando Mina arrastra molestias e cando visita Vigo o Barcelona. O Barça que anda a voltas coa chegada de Xavi Hernández. Na película dos feitos, Xavi despediuse onte do Al-Asad e á noite era Laporta o que visitaba a peña barcelonista de Marín. Alí esquivaba preguntas pero lle deixaba á alcaldesa esa perla de "igual tiña que estar en Qatar".

 

Porque en Qatar estaban nese momento a pechar a fichaxe. Uns minutos antes das dúas da madrugada era oficial. Xavi non estará no banco de Balaídos. Morbo engadido pra unha tarde que servirá amais de homenaxe a un rapaz que aló polo 2005, con 18 aniños, asomou a cabeza nunha pretemporada co primeiro equipo do Celta e que 16 anos despos se retirou como un emblema e o exemplo, Sergio Álvarez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos