Publicador de contidos

Publicador de contidos

Coudet: "O bo é saber que temos alternativas, é o mellor que nos deixou o último partido"

Coudet: "O bo é saber que temos alternativas, é o mellor que nos deixou o último partido"

Óscar Rodríguez será baixa ante o Atlético de Madrid

G24.gal 09/09/2022 18:54 Última actualización 09/09/2022 19:33

Eduardo Coudet, adestrador do Celta, confirmou este que o centrocampista Óscar Rodríguez é baixa para o partido deste sábado contra o Atlético de Madrid, ao non recuperarse da lesión muscular que sufriu na última fronte ao Cádiz: 

“Volvín falar co doutor hoxe, insiste en que non hai lesión muscular pero Óscar sente unha dureza nesa zona e correriamos algún risco”

 

Coudet sacou unha conclusión importante do triunfo ante os gaditanos:

"O bo é saber que temos alternativas, é o mellor que nos deixou o último partido ademais dos tres puntos"

Sobre a internacionalidade de Aspas, teno moi claro:

"Encantaríame que fose ao Mundial porque estaría contento. É o seu obxectivo e desde este lado, tratamos de axudalo. Poñeríame feliz que puidese estar".

Pola súa banda, Simeone falou así do Celta:

"Está traballando moi ben e competindo en todos os partidos. É un equipo que xoga moi ben a pelota"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade