Publicador de contidos

Publicador de contidos

Coudet nega que teña unha mala relación con Onésimo

Coudet nega que teña unha mala relación con Onésimo

O dianteiro Iago Aspas e o turco Okay Yokuslu serán baixa no partido de Copa ante o Andorra

Foto @RCCelta
G24.gal 13/12/2021 15:53

O dianteiro Iago Aspas e o internacional turco Okay Yokuslu serán baixa no partido de Copa do Rei que este martes enfrontará ao Celta de Vigo co Andorra no Principado.

Eduardo 'Chacho' Coudet non quixo forzar a reaparición do moañés, que sufriu o pasado 5 de decembro unha elongación muscular no adutor medio dereito durante o partido contra o Valencia. A outra ausencia significativa é a do mediocentro Okay Yokuslu, ao que o técnico arxentino viña aliñando nos partidos de Copa.

Dúas baixas que se unen ás xa coñecidas do capitán Hugo Mallo, que apura a súa recuperación para tentar reaparecer ante o Español, e o extremo Augusto Solari, que non volverá xogar ata o 2022 por mor da rotura fibrilar sufrida na fascia plantar do pé dereito.

Coudet citou os futbolistas do filial Gabri Veiga, Carlos, Hugo Álvarez e Hugo Sotelo.

Precisamente o técnico arxentino falou da súa relación con Onésimo, técnico do filial.

Coudet: "Din que hai un problema onde non o hai. Din que estou mal con Onésimo. Se non nos cruzamos, cando nos pelexamos? Non entendo as disputas entre xente que non se ve. Vai intentar facer o mellor para el e o equipo"

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade