Publicador de contidos
Publicador de contidos

Coudet: "Foi unha inxustiza, xeramos moito pero non marcamos"

Coudet: "Foi unha inxustiza, xeramos moito pero non marcamos"

Quique Sánchez coincide en recoñecer a superioridade e merecementos do Celta

G24.gal 25/10/2022 07:02

Chegaba moi presionado despois dos últimos resultados. O empate alivia un pouco a situación do Celta e evita que un rival directo os supere na clasificación pero o Chacho Coudet estaba moi amolado polo partido. "Foi unha inxustiza", asegurou o adestrador arxentino que considera que fixeron moitos máis méritos que o rival para gañar: "Tiraron unha vez a portería e nós dezasete, tivemos o setenta por cento da posesión". 

É evidente o problema do Celta nesta temporada, a falta de gol. Aspas despois do partido tamén recoñeceu que era un equipo con menos calidade no centro do campo e iso facía que el tivese que botar unha man na xeración de xogo e que lle faltaba a chegada doutros anos á área contraria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade