Publicador de contidos

Publicador de contidos

Coudet confirma que Okay non está na convocatoria pola súa probable saída

Coudet confirma que Okay non está na convocatoria pola súa probable saída

O técnico do Celta non quixo oír falar das declaracións de Mouriño sobre Europa: "Eu non penso máis alá do partido contra o Sevilla"

G24.gal 21/01/2022 17:45

Mañá ás 18.30 o Celta visita o Sánchez-Pizjuán na procura da segunda vitoria consecutiva logo de tombar 2-0 a Osasuna en Balaídos

Na convocatoria non estará Okay Yokuslu, que semella sairá do Celta nos próximos días. Así o confirmou o propio Coudet en sala de prensa na previa do encontro.

Malia a probable saída do internacional turco, o técnico do conxunto vigués descartou máis saídas, e tampouco agarda movementos en forma de fichaxes.

O Chacho descarta enfado coa directiva pola capacidade do Celta para incorporar futbolistas 

"É unha sensación errónea túa, é unha situación que tiña clara dende o principio"

O equipo realizou un último adestramento antes de viaxar a Sevilla.

Outro dos temas tratados na comparecencia foron as declaracións de Mouriño sobre xogar competición europea:

"Quero pensar só no partido contra o Sevilla, a miña cabeza non pensa máis alá".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos