Coudet fala sobre os últimos erros: "O fútbol é un deporte fermoso onde convives co erro"
Coudet fala sobre os últimos erros: "O fútbol é un deporte fermoso onde convives co erro"
O técnico arxentino recupera a Iago Aspas e a Hugo Mallo
Eduardo Coudet atendeu os medios ante do partido de Liga ante o Español, o derradeiro deste 2021. O técnico do recoñece estar preocupado polos resultados de Balaídos: "Como non me vai preocupar que só gañáramos un partido en Balaídos. Se non gañamos, só vou ao súper. Non me gusta ir a ningures por máis que a xente teña palabras amables".
Coudet falou sobre os últimos erros. Asume a responsabilidade e engade: "O fútbol é un deporte fermoso onde convives co erro. Hai que tratar de que non volva a acontecer e mellorar a proposta. Aínda non estamos todo o atinados que queremos de cara á porta".
Sobre o prezo das entradas: "Canta máis xente teñamos en Balaídos, mellor. Oxalá que poidan facer un gran partido e gañar".
Coudet tamén referiuse ao mercado de fichaxes : "Nin tocamos o tema, quedará para despois deste partido, que é o último do ano. O club foi claro en que este ano non era un ano doado polo sucedido o ano pasado".
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄́𝐃𝐈𝐂𝐎 🏥 Boas novas! Os nosos capitáns apúntase ao #CeltaEspanyol: Hugo Mallo e @aspas10 reciben a 𝗮𝗹𝘁𝗮 𝗺𝗲́𝗱𝗶𝗰𝗮! 🆗✅#RCCelta #ClínicaRCCelta
— RC Celta (@RCCelta) December 16, 2021
O técnico arxentino recupera a Iago Aspas e a Hugo Mallo.