Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cotilla: "Mereciamos gañar. Quedan catro finais e imos por elas"

Cotilla: "Mereciamos gañar. Quedan catro finais e imos por elas"

O autor do golazo na Lomba quéixase da oportunidade perdida

G24.gal 17/04/2022 20:26

O Arousa estreaba adestrador, pero non puido facelo con triunfo. A igualada ante o Pontevedra deixa sensacións agridoces no conxunto vilagarcián, como recoñecía Sergio Cotilla.

"O punto valer vale, pero queda sensación estraña porque creo que merecemos algo máis. Pero agora queda pensar no Compostela. O que nos queda agora son catro finais e temos que ir por elas e deixar todo no campo"

O Arousa púxose por diante no marcador pero non fixo valer esa vantaxe.

"Quizais puido a presión por querer meter o segundo gol. Eles tiveron varias ocasións claras e foi unha pena que logo marcasen unha nun rexeitamento. Foi moita calor e a estas alturas de temporada nótase"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos