Publicador de contidos

Publicador de contidos

Coral, a primeira galega nada en 2026, chegou co son das badaladas

Coral, a primeira galega nada en 2026, chegou co son das badaladas

A pequena naceu no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense xusto cando o reloxo daba as 00:00 

G24.gal 01/01/2026 11:06 Última actualización 01/01/2026 12:42

Coral Conde Cid, é a primeira galega en nacer neste ano 2026. Fíxoo en Ourense, no Complexo Hospitalario Universitario (CHUO), xusto cando o reloxo daba ás 00:00 e soaban as badaladas do ano novo.

Esta primeira galega pesou 2,900 kg e é filla de Iria Andrea Cid e de Iago Conde. Tanto a nai como a pequena encóntranse ben.

A feliz mamá contou á prensa que chegou ao centro médico sobre as sete da tarde, xa con contraccións, e enseguida revisárona para ver se rompera augas e "como ía o tema".

O xinecólogo díxolle que a cría viña rápido e que ía nacer sobre medianoite.

​​​​​​​Dilatou "súper ben" e non sabía se crerse que "aí sobre as doce" ía chegar a este mundo pero, ao final, o médico si cravou a hora.

"Non fallou. Ás 00:00 horas", contou exultante Iria Andrea, que dixo que o parto foi "súper ben" e iso que ía "con medo" porque coa primeira tivo unha "mala experiencia".

"Nada que ver", relatou. E agora agarda que a primoxénita reciba ben á irmá e sen celos. "A ver cando a vexa", chancearon a nai e o pai.

No hospital son varios os facultativos, con diademas do aninovo na súa cabeza, que se fixeron fotos con Coral e tamén a pasearon polas instalacións do centro.

A segunda en nacer en aninovo foi Valeria. Facíao no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ás 00:38 horas. É filla de Purificación e Julián, e chegou ao mundo cun peso de 3,880 kg. 

O terceiro nacemento de Galicia do ano foi o de Lucan Mikiel Moreira ás 00:49 horas, fillo de Gilsa Pereira. A súa nai deu a luz no Hospital Público da Mariña e o bebé pesou 3,300 kg.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade