Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúan activos 28 puntos en Galicia para facer tests de antíxenos

Continúan activos 28 puntos en Galicia para facer tests de antíxenos

O Sergas ofrece a posibilidade de facer a proba en todas as áreas sanitarias

Na maioría das localidades non é preciso pedir cita previa

G24.gal 05/02/2022 14:55

Os tests de antíxenos son o xeito máis rápido de detectar un positivo. Por iso o Sergas mantén lugares habilitados en toda Galicia aos que a poboación pode achegarse a facer unha proba. 

Cada día no recinto feiral da Estrada realizan uns corenta tests de antíxenos e sempre atopan algún positivo. Os que acoden din que estiveron en contacto cun positivo e queren saír de dúbidas.

Alejandro Vidal, técnico de laboratorio, sinala que ás persoas con síntomas de coronavirus non se lles fai a proba.

En toda Galicia hai 28 puntos habilitados para facer tests de antíxenos pero non todos están abertos na fin de semana. Pódese acudir sen cita previa, salvo nos centros de Pontevedra, o Ventorrilo (na Coruña) e nos itinerantes de Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade