Cargando resultados...
Continúa a busca dunha persoa desaparecida preto da Torre de Hércules
Despregouse un operativo tras a aparición de documentación, roupa e aparellos de pesca nunha zona rochosa
G24.gal
15/06/2024 08:42
Continúa a busca por terra, mar e aire dunha persoa que este venres puido caer á auga na Coruña, preto da Torre de Hércules.
A policía local e os bombeiros despregaron un operativo despois de que alguén alertara da aparición de documentación, roupa e uns aparellos de pesca nunha zona rochosa próxima ao mar.
