Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa a busca do fuxitivo de Poio

Continúa a busca do fuxitivo de Poio

O home de 35 anos ten un amplo historial de roubo de vehículos, drogas e delitos contra a propiedade

G24.gal 16/10/2025 13:52 Última actualización 16/10/2025 14:10

Policía Local, Nacional e Garda Civil buscan un fuxitivo en Poio experto no roubo de vehículos pero que posúe todo tipo de antecedentes segundo as forzas da orde.

A última persecución e fuxida protagonizouna este mércores entre San Xoán de Poio e as Marismas de Alba. De alí fuxiu a pé coa súa compañeira deixando abandonado o vehículo que foi recuperado pola Policía Nacional e que era roubado. Ten unha ampla conduta delitiva. Foi detectado por San Salvador e comezou a fuxir a fume de carozo dos axentes atravesando pistas de terra e corredoiras, atravesou Fragamoreiras, Campañó, Ponte das Cabras ameazando a integridade de peregrinos e abraiando a veciños.

Consideran na Policía Local de Poio que o home que vivía ata hai pouco nunha vivenda ocupada ilegalmente campa ás súas anchas polo concello sobre todo polas tardes aproveitando que non hai quenda da Policía Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade