Publicador de contidos

Publicador de contidos

Consumo pídelles ás comunidades que vixíen as subas inxustificadas de carburantes

Consumo pídelles ás comunidades que vixíen as subas inxustificadas de carburantes

A ministra de Industria pediulles responsabilidade ás estacións de servizo

G24.gal 30/03/2022 19:57

O ministro de Consumo pediulles por carta ás comunidades autónomas que vixíen calqueira fluctuación inxustificada dos prezos dos carburantes trala bonificación que aprobou o Goberno. Alberto Garzón pide vixiar o cumplrimento efectivo dos compromisos que poidan adoptar as empresas de hidrocarburos relativos aos descontos e aos potenciais incumprimentos da normativa de consumo ou doutras relacionadas como a defensa da competencia.

Tamén a ministra de Industria, Turismo e Comercio pediulles responsabilidade ás estacións de servizo á hora de aplicar a bonificación de 20 céntimos que entra en vigor este venres e lembrou que as autoridades de Competencia analizarán a súa correcta posta en marcha. Reyes Maroto di que a responsabilidade do sector é dar confianza e certeza para que a poboación e as empresas vexan que as medidas son eficaces. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade