Publicador de contidos

Publicador de contidos

Consternación en Rábade polo accidente mortal nun paso a nivel sen barreiras

Consternación en Rábade polo accidente mortal nun paso a nivel sen barreiras

O punto negro acumula vítimas mortais de varios atropelos nas últimas décadas

Félix Aragunde 06/10/2022 14:11

Pesar en Rábade polo accidente en que morreu un condutor de 50 anos, rexistrado no paso a nivel do Cruceiro. Trátase dun punto negro que acumula varios atropelos mortais nas últimas décadas. Se hai vinte anos falecía unha turista, hai preto de corenta perdía a vida un neno, tal como lembran os veciños da contorna.

O paso adoita ser utilizado cando están baixadas as barreiras no paso a nivel máis próximo, situado a apenas 400 metros de distancia. O Adif prevé suprimilo cando acometa a nova pasarela no centro de Rábade, unha vella reivindicación veciñal que non todos comparten.

Dende o Concello apreman o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias a que elimine o paso a nivel sen barreiras, posto que supón un risco permanente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade