Cargando resultados...
Conservas Orbe Porriño-Mecalia Guardés, derbi en directo na G2
O Porriño ten oito xogadoras galegas, o Mecalia ningunha
G24.gal
24/11/2022 15:20
Última actualización 24/11/2022 15:26
Volve a rivalidade galega na liga feminina. E faino tras o Campionato de Europa. A G2 estará o sábado no Porriño co Conservas Orbe-Mecalia Guardés. Dous equipos debilitados polas baixas e co cadro porriñés mellor colocado no campionato.
O Conservas Orbe Rubensa Porriño ten oito xogadoras galegas. Tamén son do país o adestrador e o seu axudante. Se acudimos ao Mecalia Guardés, non hai presenza galega, agás a testimonial da xuvenil Airoa, pero aparecen por aí tres xogadoras e unha axudante do adestrador coa mesma nacionalidade. Son as catro portuguesas do Guardés.
Sétima xornada dunha liga que retoma logo do Europeo e cos dous equipos galegos na zona media alta da clasificación.