Publicador de contidos

Publicador de contidos

Confirmados os 35 equipos que estarán no bombo da Europa League a carón do Celta

Confirmados os 35 equipos que estarán no bombo da Europa League a carón do Celta

Este venres celebrarase o sorteo no que o Celta coñecerá os oito rivais aos que se enfrontará na primeira fase

G24.gal 28/08/2025 22:02

Este xoves quedaron definidos os 36 equipos que estarán no sorteo do venres da Europa League e a posición que terán en cada un dos potes. O Celta queda ao final encadrado no bombo 4 cun coeficiente Uefa de 18.890. O sorteo determinará para o Celta dous rivais de cada un dos potes, un na casa e un fóra de cada un deles. En total, oito partidos asegurados nesta primeira fase da competición. 

No Pote 1 estarán o Roma (Italia), Porto (Portugal), Rangers (Escocia), Feyenoord (Países Baixos), Lille (Francia), Betis (España), Dinamo Zagreb (Croacia), Salzburgo (Austria) e Aston Villa (Inglaterra). Son os nove equipos con maior coeficiente Uefa. 

No Pote 2; Fenerbahce (Turquía), Braga (Portugal), Estrela Vermella (Serbia), Lyon (Francia), PAOK (Grecia), Plzen (República Checa), Ferencvaros (Hungría), Celtic (Escocia) e Maccabi Tel Aviv (Israel). 

No Pote 3: Young Boys e Basilea (Suíza), Midtjylland (Dinamarca), Friburgo (Alemaña), Ludogorets (Bulgaria), Nottingham (Inglaterra), Sturm Graz (Austria), FCSB (Romanía) e Niza (Francia).

Por último, acompañando ao Celta no Pote 4: Bolonia (Italia), Stuttgart (Alemaña), Panathinaikos (Grecia), Malmoe (Suecia), Go Ahead e Utrecht (Países Baixos), Genk (Bélxica) e Brann (Noruega). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade