Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade aconsella limitar os participantes nas celebracións do Nadal

Sanidade aconsella limitar os participantes nas celebracións do Nadal

O Ministerio confirma un segundo caso da variante ómicron en Madrid

A análise preliminar de dous casos de Barcelona indica que poden ser ómicron

G24.gal 30/11/2021 19:45

Sanidade contabiliza xa catro casos da variante ómicron en España.

Os dous de Cataluña están sen confirmar ao cen por cento, pero os primeiros resultados do estudo microbiolóxico indican que están contaxiados coa nova variante. Son dous viaxeiros procedentes de Suráfrica, que están asintomáticos e, por precaución, en illamento.

En Madrid si que están confirmados dous contaxios. Ao primeiro detectado este luns súmase agora o dunha muller de 61 anos que viaxara tamén desde Suráfrica en avión con escala en Ámsterdam. Os dous están vacinados con dobre pauta, un con Pfizer e outro con AstraZeneca.

O conselleiro de Sanidade Enrique Ruíz Escudero explica:  "Están illados pero non hospitalizados; sen síntomas. E nos dous casos estaban vacinados coa pauta completa".

Os laboratorios estudan a resposta das vacinas coa ómicron

Os investigadores estudan a resposta das vacinas á nova variante. Moderna admite que dubida de que a súa fórmula sexa eficaz contra ela. Pfizer anuncia que en cen días pode ter unha nova vacina adaptada á variante ómicron.

"En poucas semanas podemos ter xa vacinas específicas para a nova variante. Polo tanto, tampouco hai que alarmarse", asegura Vicente Larraga, investigador do CSIC

O Goberno decidiu restrinxir os voos procedentes de países de alto risco do 2 ao 15 de decembro.

Explicouno Isabel Rodríguz, voceira do Goberno, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros: "Son os voos procedentes do cono sur, e as restricións non afectarán aos que traian cidadáns españois e de Andorra".

A incidencia segue aumentando. España superou este martes os 200 casos por cen mil habitantes, 208, unha taxa que non se vía desde principios de setembro. Sanidade aconsella limitar o número de participantes en eventos públicos e sociais durante o Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade