Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aproba rebaixar a enerxía aos veciños da área do parque eólico do Mondigo

A Xunta aproba rebaixar a enerxía aos veciños da área do parque eólico do Mondigo

Prevese que a medida afecte a uns 500 fogares que estean nun radio duns dous quilómetros do parque situado en Ribadeo e Trabada

O Consello da Xunta aproba aceptar que os pagamentos en efectivo de material escolar se poidan desgravar na renda

G24.gal 16/02/2026 10:50 Última actualización 16/02/2026 14:31

O Consello da Xunta aprobou este luns rebaixar un 80 % o custe da luz a uns 500 fogares próximos ao parque eólico do monte Mondigo, en Ribadeo e Trabada

Segundo anunciou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, "é unha medida que impacta directamente nos veciños da contorna". Rueda dixo que está é unha decisión que se aplica aos cidadáns particulares, pero máis adiante aprobaranse outras para empresas e negocios.

"Todos aqueles que vivan nun radio duns dous quilómetros destas instalacións beneficiaranse do desconto", explicou o presidente da Xunta, quen detallou que esta medida é posible logo da aprobación da Lei de recursos naturais de Galicia.

O parque do Monigo é última compra da empresa Recursos de Galicia, da que a Xunta é o principal accionista. A adquisición realizouse por 75 millóns de euros, e conta con 11 aeroxeradores en funcionamento.

Os pagamentos en efectivo de material escolar poderanse desgravar

O Consello da Xunta tamén aprobou que as familias poidan desgravarse os pagamentos en efectivo de material escolar e libros de texto na declaración da renda deste ano. Para iso o executivo autonómico acordou dar luz verde a un novo proxecto de lei, que se tramitará por un sistema de lectura única no Parlamento, como solución a esta problemática.

Na conferencia de prensa tras o Consello de la Xunta, Rueda sinalou que nas bases desta desgravación deuse "por feito", segundo recoñece, "erroneamente", que as familias entendían que debían facer os pagos mediante tarxeta ou medios electrónicos.

Con todo, agora a Xunta debe facer unha reforma legal co fin de que estea aprobada antes da nova campaña da renda, unha solución sobre a cal Rueda xa anunciara a semana pasada que se estaba traballando. Así, óptase por un proxecto de lei que "excepcione este ano" os pagamentos en efectivo, a condición de que se cumpra co resto de requisitos de limiares económicos.

Neste sentido, o titular do Executivo galego valora que a desgravación beneficiará a unhas 60.000 familias, cun aforro estimado de 6,5 millóns de euros.

Amais, o Goberno galego acordou abrir esta semana o prazo para solicitar a axudas da PAC 2026, que calculan que ascenderán a uns 222 millóns de euros e a uns 23.000 agricultores e gandeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade