Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta conxela as peaxes das autoestradas autonómicas e insiste en pedir o rescate da AP-9

A Xunta conxela as peaxes das autoestradas autonómicas e insiste en pedir o rescate da AP-9

O Consello da Xunta aprobou tamén manter durante o ano 2026 as bonificacións na AG-55 (Coruña-Carballo) e na AG-57 (Val Miñor)

O executivo autonómico tamén acordou declarar Proxecto de Interese Autonónico (PIA) a ampliación da autovía do Salnés ata a Lanzada

directo
G24.gal 29/12/2025 11:48 Última actualización 29/12/2025 14:27

O Consello da Xunta aprobou este luns manter as bonificacións en vigor nas autoestradas de titularidade autonómica AG-55, entre A Coruña e Carballo, e a AG-57, no Val Miñor. Ademais, segundo explicou Alfonso Rueda, os prezos das peaxes nestas autoestradas vanse conxelar durante este próximo ano, de xeito que non subirán co comezo do ano.

Estas dúas decisións sitúan estas autoestradas, segundo Rueda, no grupo "das máis baratas de toda España"

O xefe do Executivo autonómico puxo en valor o esforzo económico da Xunta, que destinará 6,2 millóns de euros a este fin, para que os usuarios continúen “pagando o mesmo que viñan pagando” ata o de agora.

“Non haberá subida de prezos nas autoestradas autonómicas”, incidiu o presidente galego, que explicou que será o Goberno galego o que asuma a subida derivada do IPC.

O presidente da Xunta aproveitou ademais para volver reclamar o rescate da AP-9, e que no prazo máis inmediato se conxelen as peaxes nas autoestradas de titularidade estatal, "aínda que parece que isto non vai ser así".

Autovía do Salnés

Tamén en materia de infraestruturas, o Consello da Xunta acordou declarar como Proxecto de Interese Autonómico (PIA) das obras de ampliación da autovía do Salnés que permitirán desdobrar o último treito desta vía entre Sanxenxo e A Lanzada.

Rueda destacou a importancia de que esta actuación se aborde desde o respecto polo medio natural, pola proximidade desta vía á área das mariñas nesta zona.

En total vanse destinar 40,4 millóns de euros nas actuacións para desdobrar a autovía do Salnés e nos traballos necesarios para aliviar o tráfico na contorna da praia da Lanzada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade