Publicador de contidos

Publicador de contidos

A OPE da Xunta para 2025 alcanza as 1.103 prazas, 138 para o servizo contraincendios

A OPE da Xunta para 2025 alcanza as 1.103 prazas, 138 para o servizo contraincendios

803 prazas serán para a convocatoria de acceso libre e 300, de promoción interna

(EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 01/12/2025 10:46 Última actualización 01/12/2025 14:28

O Consello da Xunta aprobou este luns o decreto da Oferta de Emprego Público 2025 pola que se convocarán 1.103 prazas para a administración xeral da Xunta

Desas prazas 803 serán de acceso libre de 300 de promoción interna.

Das prazas de acceso libre, o presidente da Xunta destacou que máis de 380 serán para escalas de administración especial, entre elas "138 para o servizo de prevención e defensa contra incendios forestais", das que 124 serán bombeiros forestais e 14 para xefes de brigada.

Ademais, convocaranse 108 para a escala auxiliar de coidadores, "case todos para centros escolares para atender alumnos con necesidades especiais", 50 para a de axentes técnicos de xestión ambiental e 30 para a de auxiliar de cociña.

E máis de 370 serán para os principais corpos e escalas de Administración xeral: 160 prazas para persoal de limpeza e cociña, 60 para persoal subalterno, 49 do corpo auxiliar (C2), 11 do corpo administrativo (C1), 30 do corpo superior (A1), 30 do corpo de xestión (A2) e 11 do corpo administrativo (C1). Tamén se inclúen 10 postos da escala de letrados, 10 para a escala superior de finanzas e 16 para a escala técnica de finanzas.

Ademais, a reserva para persoas con discapacidade será do 11,8 %, "por encima sensiblemente", destacou o presidente galego, da reserva mínima que fixa a lexislación e que é do 7 %.

Segundo destacou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a convocatoria inclúe o máximo número de prazas que permite a lei, atendendo á taxa de reposición vixente, establecida en 2023.

Ademais o Consello da Xunta tamén aprobou destinar 7,5 millóns de euros para incrementar as retribucións dos funcionarios de Xustiza dependentes da Administración autonómica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade