Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta amplía a persoas de calquera idade os avais para a compra de vivenda protexida

A Xunta amplía a persoas de calquera idade os avais para a compra de vivenda protexida

No caso dos menores de 35 anos, eses avais, que poden chegar ao 20 % do valor da vivenda, tamén se poden destinar á compra dun inmoble no mercado libre

G24.gal 17/03/2025 10:23 Última actualización 17/03/2025 14:37

O Consello da Xunta aprobou este luns unha nova edición das axudas para a adquisición de primeira vivenda dotada con 5 millóns de euros. A novidade nesta edición é que, amais das persoas de 35 anos que compren vivenda libre, calquera galego, con independencia da idade, poderá contar con estas axudas se é para mercar vivenda protexida.

As axudas consisten en avais para subscribir unha hipoteca e completar a cantidade total do valor da vivenda e poderán alcanzar ata o 20 % do prezo do inmoble.

Os requisitos para acceder a estes avais, no caso da vivenda protexida, veñen marcados polos propios límites para a adquisición destas propiedades.

Para comprar vivenda no mercado libre, amais de non superar os 35 anos, os prezos máximos do inmoble serán 260.000 euros na Coruña, Vigo, Santiago, Pontevedra e Ourense, 210.000 en Lugo, Ferrol e nas áreas metropolitanas de todas as cidades, e 180.000 no resto do territorio. Ademais os beneficiarios terán que ter uns ingresos de entre 16.800 euros e 46.200 euros por adquirinte.

O Consello tamén acordou destinar 5,3 millóns de euros nunha nova edición de axudas para a mellora de accesibilidade a edificios e vivendas particulares para "apoiar os gastos que se xeran cando hai que adaptar vivendas a persoas con mobilidade reducida ou que teñan algún tipo de discapacidade", explicou Rueda. Estas subvencións irán de 6.000 a 18.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade