Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta prepara a lei de áreas empresariais para reducir prazos

A Xunta prepara a lei de áreas empresariais para reducir prazos

Feijóo di que estes tempos de trámites para crear unha empresa nos igualan con outros países como Portugal

G24.gal 04/11/2021 13:00

O Consello da Xunta aprobou este xoves o anteproxecto de lei de áreas empresariais, que unirá todas as normas sobre solo empresarial vixentes e busca axilizar a planificación e creación de espazo para construír industrias.

O presidente da Xunta destaca que dará amparo legal ás axudas que hai para concellos emprendedores, que en Galicia xa son 147 e que son os que non cobran impostos durante os primeiros anos da actividade.

"A eses concellos dámoslles 30 días naturais para unha licenza e 15 cando se trata de actividades empresariais estratéxicas. Imos blindar por lei os beneficios que van ter os concellos emprendedores en Galicia, porque necesitan máis puntos para todas as axudas e subvencións que convoque a Xunta", afirmou Núñez Feijóo.

O presidente da Xunta di que estes prazos para crear unha empresa nos igualan con outros países como Portugal. Prevén que a lei estea aprobada o ano que vén.

Minuto a minuto

13:23

Comeza a comparecencia

13:23

Feijóo informa da evolución da pandemia en Galicia, que hoxe se sitúa nos 581 casos activos.

13:24

"Estamos cun incremento, leve, pero incremento", asegura o presidente da Xunta: "Volvemos reiterar: a covid segue actuando".

13:27

"Advirto de que isto non rematou", di o presidente da Xunta, "o que non quita para que Galicia siga sendo a rexión con menor índice de contaxios".

13:38

Feijóo anuncia a creación dun novo data center para a Xunta de Galicia, en que se van investir 20 millóns de euros

13:53

O presidente da Xunta comunica a aprobación do anteproxecto de lei de áreas empresariais, para "poñer solo á disposición do crecemento da economía".

14:04

Comeza a quenda de preguntas

14:06

"O importante é que se convoque o congreso, se presenten as candidaturas e se comece a xestionar o partido en Madrid", asegura Núñez Feijóo sobre as polémicas arredor do PP madrileño. "O ruído non beneficia a ninguén", conclúe.

14:10

"A vacinación é prioritaria para a sociedade", di o presidente da Xunta ante a posibilidade de que haxa problemas para compaxinar os usos de recintos como os de Vilagarcía ou Pontevedra ante a reapertura dos centros de vacinación masiva.

14:16

Finaliza a comparecencia

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar