Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia en España baixa por terceiro día consecutivo

A incidencia en España baixa por terceiro día consecutivo

Galicia reduce a súa incidencia por debaixo dos 3.000 casos

Darias asegura que polo momento non se van rebaixar as corentenas: "É un tema completamente inmaturo"

G24.gal 26/01/2022 18:37

Os indicadores de transmisión da pandemia descenden por terceiro día consecutivo, ao baixar a incidencia acumulada en 73 puntos, ata os 3.194 casos, con 133.553 novos contaxios detectados no último día, mentres a presión nos hospitais descende levemente tanto en planta (15 %) como en UCI (22,7 %).

Os datos do Ministerio de Sanidade apuntan a un total de 215 falecementos consignados nas últimas 24 horas, 757 na última semana.

A ministra Carolina Darias informou na conferencia de prensa tras a Interterritorial de Sanidade celebrada este mércores de que a gravidade baixou desde a segunda semana de outubro. A posibilidade de hospitalización é sete veces menor e o ingreso en UCI quince veces menor, asegura.

O Ministerio é prudente na desescalada. Polo momento mantense a capacidade nos eventos deportivos, que é de máximo un 75 % en espazos ao aire libre e un 50 % en espazos pechados.

Tamén a ministra se pronunciou a respecto da solicitude dalgunhas comunidades de reducir as corentenas a cinco días. Darias asegura que, polo momento, non é obxecto de debate e que é "completamente inmaturo".

Outra das medidas de que informou é que poida que a EMA autorice este xoves o uso do antiviral de Pfizer e España traballa coa compañía para comprar 344.000 doses para engadir á compra centralizada.

Minuto a minuto

18:41

A incidencia rexistra unha nova xornada de baixada, con 73 puntos menos, e sitúase en 3.194 casos

18:43

A ministra Carolina Darias informa de que a gravidade baixou desde a segunda semana de outubro. A posibilidade de hospitalización é 7 veces menor e o ingreso en uci 15 veces menor, asegura.

18:46

Darias asegura que se mantén a capacidade en eventos deportivos polo momento: 75% en recintos abertos e 50% en recintos pechados

18:50

O Secretario de Saúde Dixital informa do Proxecto París para coñecer os resultados de atención sanitaria percibidos polos pacientes

18:57

En canto á redución das corentenas que propuxeron algunhas comunidades, Darias di que só un conselleiro o propuxo e é un tema "completamente inmaduro". Asegura que, polo momento, hai que seguir con estas corentenas

19:01

Pode que a EMA autorice mañá o uso do antiviral de Pfizer e España traballa coa compañía para comprar 344.000 doses para engadir á compra centralizada, asegura a ministra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar