Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os centros de saúde galegos van comezar a realizar cirurxías menores

Os centros de saúde galegos van comezar a realizar cirurxías menores

Este plan está pensado para patoloxías frecuentes que se poden atender nos ambulatorios, explicou o conselleiro de Sanidade, como infeccións de pel, como papilomas, lesións nas unllas, feridas ou quistes benignos da pel

Os pacientes que se poderán someter a este tipo de intervencións serán os maiores de 16 anos

G24.gal 21/04/2025 11:02 Última actualización 21/04/2025 17:41

A Xunta porá en marcha antes do verán o I Plan de Cirurxía Menor en Atención Primaria, co obxectivo de realizar intervencións sinxelas a maiores de 16 anos nos centros de saúde. O Consello da Xunta aprobou este luns o programa, que comezará cunha fase piloto nos centros de saúde de Lugo e Virxe da Peregrina de Pontevedra.

Segundo explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trátase de cirurxías “sinxelas, de curta duración e con anestesia local”.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou que esta medida permitirá evitar desprazamentos e hospitalizacións, mellorar a motivación do persoal de Atención Primaria e axilizar a resposta sanitaria, ao tempo que se reducen as listas de espera.

Enfermedades que se poderán operar en centros de saúde

As intervencións abranguerán cinco grupos de patoloxías:

  • Infeccións da pel
  • Afeccións nas uñas
  • Lesións traumáticas
  • Reaccións a corpos estraños
  • Quistes benignos da pel

Entre as intervencións previstas están a retirada de furuncho, espullas, quistes epidérmicos ou curas de feridas abertas sen complicacións.

Orzamento e calendario

O plan contará cun orzamento inicial de 1,7 millóns de euros, destinado á compra de material e á formación do persoal médico e de enfermería.

Neste 2024, a Xunta licitará a compra de 300 lámpadas rodantes de luz fría por un millón de euros e prevé adquirir outras 60 ata 2029. Xa se compraron 104 bisturís eléctricos o ano pasado.

A formación será presencial, de 8 horas de duración, e tratará aspectos como a realización de suturas, técnicas de anestesia local, uso do instrumental e cuestións médico-legais.

O conselleiro sinalou que aínda non está previsto un reforzo de persoal, pero que esta cuestión se analizará nos dous proxectos piloto.

Balance da campaña da gripe e da covid-19

No Consello tamén se avaliou o balance da campaña de vacinación contra a gripe e a covid-19 de 2024. Foron inmunizadas 800.155 persoas contra a gripe e 556.441 persoas contra a covid-19.

Entre os nenos de 6 meses a 5 anos, a cobertura fronte á gripe alcanzou o 65,78 %, dez puntos máis ca no ano anterior. Entre a poboación de 65 anos ou máis vacinouse o 71,03 % e, entre os maiores de 80 anos, o 80,79 %. No caso das embarazadas, a cobertura superou o 40,5 %, e no persoal sanitario quedou no 53,80 %.

O conselleiro recoñeceu que esperaba unha mellora entre o persoal sanitario e que perdeu unha aposta coa directora xeral de Saúde Pública, ao prever que aumentar a información nos centros melloraría a cobertura. En todo caso, indicou que se analizarán as causas para adoptar decisións en función dos colectivos e áreas.

Problemas co helicóptero do 061 e reforma da Lei de saúde

Caamaño tamén confirmou que o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago está fóra de servizo desde principios de abril por unha "avaría importante". A empresa concesionaria acumula uns 80 expedientes sancionadores e debe pagar case 150.000 euros á Consellería. A Xunta está traballando nunha nova licitación para substituír o servizo “o máis rápido posible”.

Por último, o conselleiro avanzou que a reforma da Lei de saúde de Galicia para mellorar a protección fronte ás agresións ao persoal sanitario estará lista “en poucas semanas” para a súa remisión ao Parlamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos