Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os políticos británicos cualifican de "valente" a retirada do título de príncipe a Andrés

Os políticos británicos cualifican de "valente" a retirada do título de príncipe a Andrés

REUTERS/Toby Melville REUTERS/Toby Melville
G24.gal 31/10/2025 10:16

Os políticos británicos saudan a decisión do rei Carlos III de retirarlle ao seu irmán Andrés o título de príncipe e cualifican a medida de "valente" e unha mensaxe "poderosa" para as vítimas de abusos sexuais.

A ministra británica de Cultura, Lisa Nandy, afirmou á BBC que se trata dunha medida "valente, importante e correcta", que envía unha "mensaxe contundente" ás vítimas de abusos.

"Creo que é unha mensaxe moi poderosa para as vítimas de abuso sexual infanti", afirma a ministra de cultura

Esta foi unha "decisión valente, importante e acertada por parte do rei, e a apoio plenamente", sinalou Nandy.

En tanto, o líder do Partido Liberal Demócrata, Ed Davey, sinalou aos medios que o rei fixo o "absolutamente correcto" despois de que o seu irmán deshonrara o seu cargo e avergoñara a todo un país. Este é un paso importante para reconstruír a confianza nas nosas institucións e poñer fin a toda esta lamentable historia", afirma.

"É evidente que a posición de Andrés volveuse totalmente insostible", di o lider dos demócratas

A líder do Partido Conservador, Kemi Badenoch, afirmaque debeu de ser "moi difícil" para o monarca tomar medidas contra o seu irmán, pero que era correcto porque a poboación non toleraba as acusacións de abuso sexual por parte de Andrés.

" Debeu de ser algo moi difícil para o rei", sinalan os conservadores

En declaracións a un programa de radio da emisora LBC, Badenoch sinalou que o rei "sentiu claramente que esta é a decisión correcta para a familia real. Debeu de ser algo moi difícil para el. É dicir, ter que facerlle iso ao teu propio irmán, pero os estándares e as expectativas na sociedade actual son moi altos. A xente espera ver os máis altos niveis de integridade".

O agora antigo príncipe, de 65 anos e que será coñecido a partir de agora como Andrés Mountbatten Windsor, foi denunciado por Virginia Giuffre, que acusou o irmán do rei de abusar dela cando era menor de idade tras ser traficada por Epstein.

Andrés negou as acusacións. De agora en diante, vivirá nunha propiedade privada en Sandringham, ao leste de Inglaterra, e os seus gastos serán custeados polo rei, segundo aseguran os medios británicos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade