Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aproba novos investimentos na provincia de Ourense e destaca o suba dos fondos nos orzamentos

A Xunta aproba novos investimentos na provincia de Ourense e destaca o suba dos fondos nos orzamentos

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que este luns celebrou a reunión do seu Goberno en Celanova, sinala que fondos destinados á provincia ourensá nos orzamentos de 2026 chegan ata os 1.733 millóns, un 9,4 % máis

G24.gal 20/10/2025 10:37 Última actualización 20/10/2025 14:40

A reunión ordinaria do Consello da Xunta trasladouse este luns a Celanova, onde Alfonso Rueda, presidiu a xuntanza do seu equipo e na que os principais acordos tiveron como destino á provincia de Ourense.

En total, os investimentos acordados superan os 100 millóns de euros, dos que destacan os 31 millóns destinados a infraestruturas viarias.

Amais, Alfonso Rueda destacou que os orzamentos da Xunta para 2026 recollen que a provincia de Ourense será a destinataria de 1.733 millóns de euros, un 9,4 % máis que en 2025, cun gasto por habitante que alcanza os 5.700 euros.

Dos investimentos na rede viaria anunciados este luns, Rueda destacou as actuacións na estrada OU-533 que comunica A Gudiña coa Rúa, á que se van destinar 15,2 millóns, a aprobación do trazado definitivo da Ronda Leste de Ourense, que levará 8,8 millóns, e a mellora na estrada OU-540, na conexión da Baixa Limia con Portugal, cun investimento de 6,7 millóns.

Amais disto tamén destacan os 30 millóns que se van destinar á construción de cinco novos centros de saúde en Ourense, A Rúa, Muíños, Boborás e O Carballiño, e os 17,8 millóns que se investir na ampliación do polígono empresarial de San Cibrao das Viñas, da que hoxe se aprobou a súa licitación.

A xuntanza do Consello tamén fixo balance de como van as axudas para os afectados polos incendios. Na provincia de Ourense presentáronse 129 solicitudes por danos en vivendas habituais. Rueda destacou que se resolveron xa case un 30 por cento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos