Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas amplía a toda Galicia o programa piloto de cribado de cancro de pulmón

O Sergas amplía a toda Galicia o programa piloto de cribado de cancro de pulmón

Todas as persoas de entre 55 e 74 que sexan fumadoras ou deixasen de fumar nos últimos dez anos serán convocadas para realizar probas diagnósticas

G24.gal 27/10/2025 11:03 Última actualización 27/10/2025 14:45

O Consello da Xunta aprobou este luns estender a toda Galicia o programa piloto de cribado e cancro de pulmón. A reunión do Executivo galego analizou os datos deste programa na área sanitaria da Coruña, e decidiu, en atención aos resultados, que pase a realizarse en todas as áreas sanitarias do país.

Así, todas as persoas de entre 55 e 74 anos que sexan fumadoras, ou deixasen de fumar na última década serán chamadas a realizar probas diagnósticas. En concreto váiselles realizar un TAC, e en "no caso de detectar algunha anomalía xa se activarían as vías rápidas necesarias para facer novas probas", explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Na primeira fase deste programa, realizado na área sanitaria da Coruña, 273 persoas foron chamadas a participar no cribado, o 72 % acudiu a cita, e detectáronse cinco casos de cancro. "A maioría en fase inicial", dixo Rueda, quen ademais destacou que a través da proba "descubríronse outros problemas de saúde".

Agora serán unhas 49.000 as persoas que se prevén convocar para acudir ás probas. Serán chamadas vía SMS ou por correo electrónico. En función dos resultados deste programa piloto, a Consellería de Sanidade valorará incluír o cribado de cancro de pulmón dentro da carteira de servizos do Sergas.

Planta de carbón vexetal en Dumbría

O Consello da Xunta tamén aprobou este luns declarar como Proxecto Industrial Estratéxico (PIE) a planta para a fabricación de carbón vexetal proxectada no concello de Dumbría pola empresa Xallas Electricidad y Aleaciones S.A.U.

Segundo explicou Alfonso Rueda "a intención é substituír 15.000 toneladas de carbón mineral por outro elaborado a través da madeira. Polo tanto unha produción moito máis ecolóxica".

Segundo dixo Alfonso Rueda, está previsto que a posta en marcha desta factoría suporá un investimento de 22 millóns de euros permitirá crear 30 postos de traballo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos