Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta anuncia novos avais para gasolineiras en pequenas e medianas empresas

A Xunta anuncia novos avais para gasolineiras en pequenas e medianas empresas

Feijóo reuniu o Executivo galego na Coruña para tratar temas de especial interese para a cidade

O Consello da Xunta tamén aprobou presentar un recurso de inconstitucionalidade polas herdanzas en vida

Feijóo di que o seu relevo será "ordenado e rápido"

O Consello da Xunta reuniuse este venres na Coruña
G24.gal 08/04/2022 11:56

A Xunta anuncia que vai avalar operacións de ata 80 millóns de euros, dos que case 60 irán para as empresas máis afectadas pola guerra en Ucraína. Os requisitos que deben cumprir son ter préstamos de entre 3.000 e 300.000 euros, que os prezos das materias primas aumentaran un 50 %, un 20 % no caso das gasolineiras, e que dependan máis de mercados como o ruso ou o ucraíno. 

"O martes días 12 empezamos con estas axudas para que calquera gasolineira en Galicia ou calquera empresa que cumpra estes requisitos poida ter un financiamento da comunidade autónoma por un importe de ata 80 M de euros. Todo o que se necesite desde o punto de vista de anticipación de financiamento ímolo facer porque entendemos que o require a situación actual de moitas empresas", explicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión de Goberno, que se celebrou na Coruña.

O Consello tamén aprobou a estratexia de especialización intelixente, que prevé mobilizar case 5.000 millóns ata o 2027 en impulsar a innovación e a dixitalización de Galicia, dende a industria ata a saúde ou a protección ambiental. E canto á Coruña, Feijóo anunciou que van construír unha estrutura flotante no Parrote para o baño e unha pasarela que unirá a cidade con Santa Cristina.

Libros de texto

Na súa reunión semanal, o Goberno galego aprobou ademais aumentar un 47 % as axudas para libros de texto e material escolar o curso que vén. Boa parte do orzamento irá para renovar libros pola entrada en vigor da nova lei educativa.

O presidente Feijóo dixo que o obxectivo é manter que o 74 % das familias teñas os libros gratis.

Herdanzas en vida

Ademais a Xunta vai presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a lei estatal que penaliza as herdanzas en vida. En Galicia non se pagan impostos por herdanzas de ata un millón de euros e esa lei obriga agora a tributar cando a venda dos bens recibidos se produce antes de que pasen cinco anos da herdanza.

O Goberno galego defende que na maioría dos casos os herdeiros venden por necesidade, polo que non é unha fraude fiscal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar