Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo di que a súa remuda será "ordenada e rápida"

Feijóo di que a súa remuda será "ordenada e rápida"

O presidente da Xunta cualifica como "impecable" a actitude dos seus compañeiros de partido ante o proceso de remuda

G24.gal 08/04/2022 15:02

O presidente da Xunta e do PP, Alberto Núñez Feijóo, asegura que o Goberno galego traballa con normalidade e di que os populares galegos están unidos ante o cambio de líder no partido.

Feijóo afirma que a actitude dos seus compañeiros de formación está sendo "impecable" e garante a estabilidade na Xunta.

"Primeiro, que haxa un relevo ordenado; segundo, que sexa un relevo rápido; terceiro, que acreditemos que seguimos sendo o partido de Galicia e polo tanto da unión dos militantes; e, por último, garantir a estabilidade do Goberno ata final da lexislatura. Aínda queda moito traballo con unidade e ilusión e seguiremos traballando con normalidade", asegurou este venres tras a reunión do Consello da Xunta, que nesta ocasión se celebrou na Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade