Educación contratará substitutos para docentes de baixa por covid
As familias xa poden recoller nas farmacias tests gratis para os nenos entre 5 e 12 anos
Chegarán 36.000 vacinas máis a Galicia o vindeiro día 10
Comesaña establece o pico da sexta vaga entre o 15 e o 18 de xaneiro
Comesaña critica o oportunismo do PSOE ou do BNG para atacar a sanidade pública, que "é un clásico"
Para que a volta ás aulas se realice coas máximas garantías, esta mañá reuniuse o comité educativo. O curso reanudarase de xeito presencial en todos os niveis e con máis da metade dos nenos de 5 a once anos vacinados cunha dose.
Educación contratará profesores substitutos para todos aqueles docentes que estean de baixa por covid.
A Consellería de Educación garantiu que se substituirán todos os profesores de baixa, que agora mesmo son 200 en toda Galicia. Ademais arestora está reunida a Comisión de Saúde Pública para modificar o protocolo de corentenas.
Xa está decidido como lles afectará aos maiores de doce coa pauta de vacinación completa, pero agora traballan para adaptalo tamén aos máis cativos, que só teñen unha dose.
Minuto a minuto
Comeza a conferencia de prensa dos conselleiros de Educación e Sanidade
O conselleiro de Educación destaca a boa relación entre centros educativos e centros sanitarios, e o conselleiro de Sanidade, o bo proceso de vacinación en Galicia, co 54 % dos nenos vacinados coa primeira dose da vacina contra a covid.
Comesaña anuncia que hoxe as familias xa poden recoller nas farmacias tests gratis para os nenos entre 5 e 12 anos.
Desde o 22 de decembro fixéronse 80.000 probas diagnósticas a nenos entre 5 e 12 anos.
Está convocada a Comisión de Saúde Pública para debater o protocolo de actuación ante a covid nos centros educativos, que reunirá os puntos claves nun documento en que se recollerán aspectos como que os illamentos dos positivos ou as corentenas de contactos estreitos se reducirán a sete días e tampouco fai falta pedir unha nova proba diagnóstica se damos positivo nun autotest, só hai que chamar e comunicar.
Comesaña puntualiza que aínda hai que valorar se os nenos menores de 5 anos sen vacinar fan corentena ou non no caso de ser contactos estreitos, e con que número nenos infectados se tomarán medidas como pechar aulas ou facer corentenas.
O conselleiro de Sanidade afirma que seguirán traballando conxuntamente as dúas consellerías e que os centros educativos son lugares seguros
Comesaña di que está reforzado o número de atención ás chamadas dos positivos ou contactos estreitos, pero tamén xeraron unha nova vía máis sinxela e cómoda para dar conta do contacto co virus: un formulario.
O protocolo de actuación dos contactos estreito ten dúas variantes: se teñen a vacinación e son asintomáticos, poden facer vida normal pero con precaución e en vixilancia; se teñen síntomas, non están vacinados ou son inmunodeprimidos, teñen que facer corentena e unha proba diagnóstica.
Comesaña valora o traballo dos sanitarios, que suman días para reforzar a Atención Primaria, asumindo "cargas de traballo altas"; e recorda que xa se incorporaron algúns dos médicos xubilados que se sumaran ao traballo na Atención Primaria.
Román Rodríguez explica que os positivos non poden perder o dereito a facer os exames, co que os profesores terán a obriga de ofertar e acordar cos alumnos positivos a realización do exame noutra data distinta á que non puideron acudir.
Chegarán 36.000 vacinas máis a Galicia. O vindeiro día 10 e o 11, 12 e 13 administraranse as vacinas aos nenos pola tarde, para que non interfira coas clases.
"Aínda é cedo para sabelo", recoñece o conselleiro de Sanidade ao ser preguntado polas consecuencias do Nadal, e defende que a sexta vaga seguirá aumentando ata o 15 ou 18 de xaneiro.
Comesaña di que "o oportunismo do PSOE ou do BNG para atacar a sanidade publica é un clásico, e máis do Concello de Vigo", e invita a que "o señor Font" se sume ao Goberno galego para pedir máis médicos MIR, porque se queixa de que "non temos médicos especialistas e a chave a ten o Goberno central".