Publicador de contidos

Publicador de contidos

María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias, galardoados cos Premios Xerais 2022

María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias, galardoados cos Premios Xerais 2022

María Solar, con A culpa, premio Xerais de Novela deste ano, Cicuta para dous, de Rocío Leira, premio Jules Verne de Literatura xuvenil e o poemario de Anxo Iglesias, Unha nova dimensión, premio Merlín 2022 de Literatura Infantil

G24.gal 12/11/2022 16:44 Última actualización 12/11/2022 21:11

Este sábado entregáronse os Premios Xerais deste ano, unha cita, que se celebrou no Museo do Mar de Vigo e que supuxo a volta á normalidade tras a pandemia.

Son os tres gañadores deste ano dos premios xerais 2022. E estes son os títulos que xa están nas nosas librarías. "A Culpa" de María Solar achéganos unha novela negra cunha protagonista, Amanda.

A tres fixo a vez para esta escritora mestra de matemáticas. Rocío Leira obtivo o Premio Xerais de Literatura Xuvenil Jules Verne con " Cicuta para dous", unha novela de intriga con moitas pinceladas filosóficas.

Un poemario que inclúe a historia dun punto e dunha liña; onde tamén se fala de espazos e de tempo, en definitiva "Unha nova dimensión" para que os máis pequenos e pequenas da casa gocen desta lectura a través da poesía.

Libros e historias contadas este sábado da man dos seus creadores, que recibiron o Premio Xerais deste ano nun acto celebrado no Museo do Mar en Vigo.



 



 

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade