Cargando resultados...
Condenan o Concello de Ourense a pagar 4,5 millóns de euros pola depuradora
Estima o recurso da sociedade estatal Aguas de las Cuencas de España
Reclamaba polos gastos derivados da construción da depuradora, en base a un convenio asinado en 2009

G24.gal
19/01/2022 16:37
Unha sentenza obriga o Concello de Ourense a pagar catro millóns e medio de euros, máis intereses, pola depuradora municipal.
O ditame, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, estima o recurso da sociedade estatal Aguas de las Cuencas de España, que reclamaba polos gastos derivados da construción da depuradora, en base a un convenio asinado en 2009.
A Xunta de Goberno do concello decidirá o venres se recorre ao Tribunal Supremo.