Cargando resultados...
Condenado Benzema a un ano de cárcere polo 'caso Valbuena'

G24.gal
24/11/2021 11:17
Condenado en primeira instancia Karim Benzema a un ano de cárcere exento de cumprimento e 75.000 euros de multa polo caso Valbuena, por complicidade da chantaxe ao seu excompañeiro na selección cun vídeo sexual, segundo anunciaron os seus avogados.
O dianteiro francés recorrerá a sentenza no xuízo.
Todo isto no medio da concentración do Real Madrid polo partido de Champions League desta noite (21:00 horas) contra o Sheriff.