Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenado a 48 anos un home por agredir sexualmente mulleres vulnerables ás que convenceu para prostituírense

Condenado a 48 anos un home por agredir sexualmente mulleres vulnerables ás que convenceu para prostituírense

Recrutou varias mulleres en situación irregular en España baixo a promesa de emprego

G24.gal 05/02/2026 16:52 Última actualización 05/02/2026 21:21

 A Audiencia Provincial da Coruña condena a 48 anos de cárcere un acusado pola comisión de delitos de agresión sexual e de trata de persoas con fins de explotación sexual.

A sala entende probado que o acusado, aproveitándose da vulnerabilidade das vítimas, recrutou varias mulleres en situación irregular en España baixo a promesa de emprego nun club de alterne, onde en realidade as someteu a agresións sexuais mediante o uso de substancias que anulaban a súa vontade.

Está acusado de ser o  autor de cinco delitos de agresión sexual e dous de trata de persoas. As penas van entre os seis e os doce anos de prisión. 

As vítimas, que se atopaban en situación de precariedade económica, foron convencidas para exercer a prostitución, sufrindo danos psicolóxicos significativos.

A sentenza ve cribles as declaracións das denunciantes, pois destaca que foron corroboradas por testemuñas e peritos, e desestima as alegacións da defensa, que solicitaba a absolución do acusado.

A sentenza non é firme, xa que cabe presentar recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade