Publicador de contidos

Publicador de contidos

Concentracións en varios puntos de España esixindo unha solución á crise de Muface

Concentracións en varios puntos de España esixindo unha solución á crise de Muface

Os mutualistas reclaman un plan de viabilidade a longo prazo

Son optimistas cara un acordo entre o Goberno e as aseguradoras

G24.gal 13/02/2025 14:14

Un plan de viabilidade a longo prazo. É a reclamación dos mutualistas de Muface. Agustín Vigo, do sindicato CEP, sinala que viven "unha situación vergoñenta, insoportable, con persoas maiores que non tiñan asistencia médica e non sabía se a ían ter. É intolerable".

O sindicato CSIF desconvocou a folga de funcionarios prevista para este xoves ante os avances nas negociacións entre o Goberno e as aseguradoras. Roberto González, do SUP, apunta que "pode haber un acordo co Goberno (das aseguradoras) e que poidan prestar un servizo de calidade con este incremento da prima nesta terceira licitación, somos optimistas".

Mantiveron as concentracións e manifestacións en distintos puntos de España. Vigo insiste: "Non imos permitir que se arranxe isto só por tres anos e despois volvamos estar igual. Ten que ter unha solución definitiva que supere os gobernos". Rebeca Rodríguez , de Jupol, engade que teñen que "pagar parte dos medicamentos e supón un encarecemento para os xubilados e certos funcionarios.

O Goberno eleva a oferta económica ata os 4.800 millóns de euros para o concerto coas aseguradoras. Óscar López Ministro, Ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, quixo insistiu en mandar "unha mensaxe de tranquilidade para todas as persoas que teñen un seguro. Cada día falta menos para que se renove ese concerto polo menos tres anos mais e que haxa tranquilidade".

Adeslas, Asisa e DKV xa avanzaron que avaliarán as novas condicións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade