Publicador de contidos

Publicador de contidos

Concentración de ucraínos en Vigo a prol da paz

Concentración de ucraínos en Vigo a prol da paz

Uns 500 ucraínos residen oficialmente en Galicia

G24.gal 26/02/2022 14:34

Máis dun cento de persoas concentráronse este sábado ao mediodía ás portas do Museo de Arte Contemporánea de Vigo para pediren a paz en Ucraína. Piden que cese a guerra e suplican o apoio de Occidente.

Con lemas como "máis vale paz que gas" ou "non á guerra" e ao son do himno e de cancións populares pediron con desesperación a fin da guerra, e a axuda de Europa. 

Os seus familiares residentes en Ucraína viven agochados en sotos e garaxes para fuxir dos ataques. Temen que cada conversa cos seus tíos ou os seus avós poIda ser a última. Chaman terrorista a Putin e compárano con Hitler. Din que non parará ata que consiga reunificar a URSS e para ese obxectivo Ucraína é unha peza estratéxica.

Apuntan que Rusia está actuando sobre obxectivos civís. Na concentración houbo tamén galegos e mesmo unha rusa avergonzada pola actuación de Putin

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade