Cargando resultados...
Como será a Galicia do futuro? A maxia de 'Inventio' predí o que seremos
Inventio lévanos a unha Galicia do ano 2094 que precisa recuperar a súa identidade cultural
Danza, ilusionismo e artes circenses nun espectáculo vangardista para toda a familia
G24.gal
03/11/2022 17:27
Danza, maxia, música e artes circenses mestúranse en 'Inventio', unha viaxe emocional para toda a familia na que os artistas terán que devolverlle a identidade cultural a unha Galicia futurista. O mago ferrolán Martín Varela tardou anos en facer realidade este soño que o sábado poderemos ver no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.