Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como investiga a Garda Civil os sinistros de tráfico?

Como investiga a Garda Civil os sinistros de tráfico?

Utilizan dende sinxelas cintas métricas ata aparellos de alta tecnoloxía

Os vehículos volven inspeccionarse nos talleres de despezamento

G24.gal 26/01/2024 14:59

Reconstruímos o lugar dun sinistro, e o primeiro paso é protexer a zona e as posibles pegadas. Toca sinalar todo detalladamente e fotografalo.

"Marcamos as pegadas existentes con números e incluso con pintadas na vía para proceder despois ao estudo das mesmas", explica Silvia Lucena González. sarxento encargada dos equipos de atestados de Lugo.

É clave o punto do sinistro, pero tamén o traxecto previo dos vehículos implicados e cómpre analizar e medir todo.

"Nós empezamos no punto da colisión e despois desprazámonos cara atrás medindo os posibles rastros que haxa, restos plásticos... todo o que teña que ver co sinistro", relata David Parga Coira, especialista en reconstrución de sinistros viais.

O traballo continúa nas dependencias oficiais, pero tamén se traslada aos talleres de despezamento, onde continúa a inspección do vehículo.

"Faise unha inspección no interior do vehículo recalcando elementos de seguridade pasiva como o cinturón ou o airbag", explica Silvia Lucena González, sarxenta encargada dos equipos de atestados de Lugo.

Miden minuciosamente a profundidade das deformacións e analizan todo tipo de detalles. Destacan tamén os datos que achegan as centrais dos vehículos.

"Indícanos en que momento freou o condutor, que velocidade levaba ou se puxo o indicador de dirección. As rodas tamén son moi importantes, sempre miramos que estean dentro dos parámetros permitidos e que a presión sexa a correcta", relata David Parga Coira, especialista en reconstrución de sinistros viarios.

Ningún cabo queda solto e nos casos máis complexos mesmo se fan reconstrucións pormenorizadas do sinistro en circunstancias semellantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade