Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comisións Obreiras demanda a Jácome pola agresión a unha sindicalista

Comisións Obreiras demanda a Jácome pola agresión a unha sindicalista

O sindicato atribúelle un posible "maltrato de obra", unha vulneración dos dereitos sindicaise unha actuación contraria ao libre exercicio do dereito de folga

G24.gal 13/05/2022 15:51

Comisións Obreiras presentou nun xulgado de Ourense a denuncia contra o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, por empurrar unha sindicalista, a semana pasada.

Os feitos sucederon diante da casa consistorial, coincidindo co inicio da folga do transporte urbano. A demanda considera que o rexedor incorreu nun posible "maltrato de obra", e que vulnerou os dereitos sindicais. Atribúelle, ademais, unha actuación contraria ao libre exercicio do dereito de folga

Pola súa parte, o alcalde, Pérez Jácome, xustificou o ocorrido alegando que temía sufrir unha "agresión acústica".

O incidente xerou unha nova polémica política na Cidade das Burgas e motivou a aprobación dunha moción, grazas á abstención do PP, socios de goberno de Democracia Ourensana, que pide a dimisión do alcalde.  

Así as cousas, a denuncia presentada por CCOO e que está asinada pola secretaria xeral do sindicato en Galicia, Amelia Pérez, demanda ao Xulgado de Instrución de Ourense que investigue os feitos para determinar se puido existir un delito.  

"Unha persoa que actúa deste xeito non pode seguir nun cargo público, nin Ourense merece saír nos medios de comunicación de todo o Estado por culpa de feitos tan lamentables", incidiu Pérez, que insta o novo presidente da Xunta e próximo líder do PP galego, Alfonso Rueda, a "tomar unha decisión" sobre o futuro de Ourense.  

"Non chega coas condenas por parte dos grupos municipais: fai falta dar un paso e facer algo que cambie dunha vez", incidiu a secretaria xeral de CCOO.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar